La Voz de Galicia

Ana Ferro, do Club Senín de Cambados, estréase en Polonia coa selección española

Arousa

A deportista disputa o Torneo Internacional Lady Open

05 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.

A caldense Ana Ferro, deportista do Club Senín de Cambados, é unha das dúas loitadoras galegas incluídas na selección española sub-17 que esta fin de semana participará en Boguszów-Gorce no Torneo Internacional Lady Open de Polonia, un dos máis concorridos no mundo da loita feminina.

Ferro, que competirá no cadro de -73 quilogramos, conseguiu a súa praza xunto a súa compañeira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva Nadia Zholtikova, do Club de Loita Pontevedra, nun selectivo interno nacional celebrado semanas atrás no CAR de León.


Comentar