Os Ingleses pelexará praza na final polo título co CRAT, a partido único na Coruña
Arousa

O cadro vilagarcián impúxose con contundencia ao Muralla de Lugo no seu encontro adiado da fase regular
18 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Os Ingleses R.C. disputou na mañá do domingo, no campo do estadio de atletismo de Fontecarmoa, o seu derradeiro partido da fase regular da Liga de Primeira Galega. Un choque correspondente en realidade á penúltima xornada, adiado no seu momento a petición do rival, o Muralla de Lugo. O cambio de data non mudou o resultado agardado, co conxunto vilagarcián impoñéndose con suma contundencia o seu adversario, con marcador final de 41-19. Un resultado que xa quedaba enfiado a mediados da primeira metade, con tres ensaios e unha transformación anotados polo equipo local.
O agardado triunfo permitiulle aos Ingleses escalar do cuarto ao terceiro posto da clasificación final da fase regular con 35 puntos, polos 32 do Campus Universitario de Ourense. Un pequeno salto que o emparella nas semifinais polo título galego co CRAT, segundo con 48 puntos, polos 52 do Kaleido Universidades Vigo. Os Ingleses buscará este sábado na Coruña e a partido único o pase á gran final autonómica.