La Voz de Galicia

A ponte da Illa de Arousa será sometida a obras de mantemento nas vindeiras semanas sen que afecten ao tráfico

A Illa de Arousa

A Xunta vén de adxudicar o contrato por preto de 50.000 euros; os traballos centraranse nos apoios das pilas, traballando por debaixo do viaducto

13 Mar 2025. Actualizado a las 15:48 h.

A Xunta adxudicou este xoves os traballos de mantemento e conservación na ponte da Illa de Arousa, na estrada autonómica PO-307, que une este municipio co concello de Vilanova. A intervención, adxudicada á empresa Tecon S.L. por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Realizarase unha actuación de conservación nos apoios das pilas traballando debaixo da ponte sen afectar ao tráfico rodado ou peonil que discorra pola estrada autonómica. «En concreto, os traballos a realizar inclúen a substitución dun aparato de apoio de neopreno no estribo 2 e a recolocación doutro na pila 38. Para iso, é necesario a colocación de medios de acceso, montar de equipos de gateo para realizar un levantamento controlado do taboleiro, proceder á recolocación ou substitución do neopreno e aproveitar para realizar saneos puntuais do formigón, e, finalmente realizar o descenso controlado do taboleiro. Tamén se prevén pequenas actuacións no taboleiro e nos vanos da ponte », segundo informa a Consellería de Vivenda e planificación de Infraestruturas.

 

A po

nte da Illa foi construída entre os anos 1982 e 1985, tivo unha profunda reparación entre os anos 2010 e 2015 para corrixir os danos orixinados polos cloruros de orixe mariño e garantir a durabilidade da ponte durante a súa vida útil, que se viu incrementada durante 50 anos cun correcto sistema de inspección e mantemento. A última inspección da ponte foi realizada o pasado ano, segundo informa a consellería.


Comentar