La Voz de Galicia

Taylor García e Placide Nakidjim voltan coincidir, no Quintanar de Cuenca da EBA

Cambados

vilagarcía /  la voz

O escolta hispanocubano e o pívot do Chad son as dúas primeiras fichaxes dun equipo que pensa na súa segunda fase de ascenso en 3 anos

23 Jul 2015. Actualizado a las 05:05 h.

O ambicioso proxecto do Globalcaja Quintanar de Cuenca na Liga EBA 2015/16 vén de reunir a dous dos xogadores máis importantes na última participación do Xuven Cambados na LEB Prata, ata os seus respectivos despedimentos saídas do club. O escolta hispanocubano Taylor García e o pívot do Chad con condición de xogador de formación Placide Nakidjim serán dous dos puntais dun proxecto que, explicaba onte o seu presidente, Pedro Desiderio, «no parte con la pretensión de ascender -a LEB Plata-, pero no se descarta» tras xogar a fase de ascenso hai dúas campañas e quedarse ás portas de repetir experiencia no último exercicio.

Taylor fora despedido en decembro do Xuven tras unha falta grave de disciplina nun enfrontamento con Yago Casal, e Placide en febreiro por elixir xogar un torneo coa súa selección.


Comentar