La Voz de Galicia

A cadete arousá Leyre Villamediana cólgase a prata no Campionato Galego Absoluto de Iudo

Cambados

04 Nov 2021. Actualizado a las 05:00 h.

Prometedor resultado o asinado o pasado domingo pola iudoca arousá do Judo Club Pontevedra-Gimnasio Squash Vilagarcía Leyre Villamediana. Inda cadete, completou o Campionato Galego Absoluto de Iudo colgándose a medalla de prata na categoría de menos de 57 quilogramos, logo de gañar todos os seus combates agás a final polo título.

Becada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD), Leyre Villamediana encabezou os resultados do Gimnasio Squash Vilagarcía no Campionato Galego, no que tamén competiu a súa compañeira Irene González (-63 quilogramos).

Noutra orde de cousas, Francisco Trigo e José Ángel Diz, do Judo Club Senín de Cambados, fixéronse, tamén o domingo, co bronce en -64 quilogramos e coa prata en -88 do Torneo Villa de Madrid de loita sambo.

 

 


Comentar