A batalla contra a especie invasora orella de gato chega ao bosque de Fefiñáns este domingo
Cambados

Organizan unha xornada de retirada desta planta, con visita ao pazo e aperitivo incluídos
14 Feb 2025. Actualizado a las 10:43 h.
Para a maioría é unha grande descoñecida, pero no bosque do pazo de Fefiñáns (Cambados) está colonizando este espazo. Trátase da Tradescantia fluminensis, más coñecida como amor de home ou orella de gato, que está considerada unha especie invasora que despraza a vexetación autóctona. En Cambados van plantarlle batalla organizando para este domingo unha actividade para retirar esta planta do sotobosque centenario de Fefiñáns. A actividade desenvolverase de 9.50 a 12.30 horas e inclúe a retirada da planta invasora, visita ao pazo e un aperitivo baixo do gran magnolio para rematar.
Para asistir é precisa inscrición previa a través do teléfono 680 580 086 ou o corre electrónico cesalnes@yahoo.es. As prazas son limitadas. Colaboran o Colectivo Ecoloxista do Salnés, Amigos de Fefiñáns e a bodega Gil Armada.