La Voz de Galicia

Primer canicrós e bikejoring de Vilagarcía

Catoira

Vilagarcía /  La Voz

O club Kennel Den organizará a proab o 9 de outubro en Renza

28 Sep 2016. Actualizado a las 05:00 h.

O club Kennel Den de Catoira fíxose cargo da organización da primeira proba da Liga Galega 2016/17 de Canicrós e de Bikejoring, programada para o 9 de outubro. E tras a súa primeira experiencia na organización de carreiras a pasada primavera en Valga, desta volta elixíu Vilagarcía de Arousa coma escenario. A proba, con 3,6 quilómetros de percorrido no lugar de Renza (Monte Lobeira) terá tres saídas. Ás 9.30 para os competidores de canicrós federado, ás 10.30 para os de bikejoring federado, e ás 11.30 para os do canicrós popular. Os interesados poden anotarse a través da páxina web galitiming.com.


Comentar