La Voz de Galicia

As limpezas do Proxecto Ríos chegan o domingo a O Grove, Meis, Valga, Catoira e Ribadumia

Catoira

O traballo correrá a cargo de voluntarios e está coordinado por Adega

23 Sep 2023. Actualizado a las 14:10 h.

O Proxecto Ríos volve a Arousa. Será este domingo da man da asociación Adega, que leva a iniciativa Móllate polos ríos a medio cento de concellos galegos entre os cales se inclúen Catoira, Valga, Ribadumia, O Grove e Meis. Os voluntarios están convocados para o domingo pola mañá á beira das concas pluviais co fin de retirar o lixo que se vai acumulando co paso do tempo. Farano por iniciativa dos concellos, de colexios e de colectivos como os ecoloxistas de Catoira e O Salnés. Estes últimos estarán de once 11 a 13 horas na contorna do río Umia, concretamente, entre Pontearnelas e a Ponte Nova.

As persoas que precisen máis información relativa a este evento, poden consultar a seguinte páxina web http://proxectorios.org/limpeza/, onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordinadores/as, e as entidades participantes e colaboradoras.


Comentar