La Voz de Galicia

As pasarelas do paseo das Torres do Oeste contarán cunha malla para evitar esvaróns

Catoira

O obxectivo é garantir a seguridade dos peóns ao tempo que se protexe a plataforma

30 Oct 2024. Actualizado a las 16:16 h.

Comezaron as obras para evitar esvaróns nas pasarelas do paseo das Torres do Oeste en Catoira, nas que se instalará unha malla co fin de garantir a seguridade peonil e reducir as caídas e tropezos habituais debidas á chuvia e á humidade.

As obras corren a cargo da empresa Construcciones Lemos Martínez SL e os fondos para a actuación chegan dunha subvención da liña de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental autonómico para o ano 2024.

Coa instalación da rede (malla de seguridade hexagonal grampada á madeira) xerarase unha superficie estriada que evitará que se escorregue pola presenza de auga e de follaxe e carriza. Ademais de aumentar a seguridade e o confort das persoas usuarias da infraestrutura, «a rede actuará tamén como un mallazo, logrando ampliar a vida útil das pasarelas», segundo informan desde o goberno local.


Comentar