La Voz de Galicia

Catoira acende esta noite o Nadal para dar paso a citas co teatro, a música e o cine

Catoira

Xoán Castaño que aposta por unha «perspectiva máis razoable sen seguir presións por colocar o maior número de luces ou ser quen fai o acendido antes»

17 Dec 2024. Actualizado a las 08:51 h.

Catoira acende este martes o alumeado de Nadal e será unha iluminación sustentable, segundo informa o equipo liderado por Xoán Castaño que aposta por unha «perspectiva máis razoable sen seguir presións por colocar o maior número de luces ou ser quen fai o acendido antes». Manterase o mesmo número de elementos decorativos que o ano pasado, pero reducirase o número de días de funcionamento.

O orzamento chega aos 2.540 euros máis ive, «unha cousa moi humilde pero que permitirá que a xente vexa que estamos nunhas datas especiais».

No relativo á programación municipal para pasar as festas, seguen as audicións da escola de música e, o venres, os Reis visitarán os centros educativos como antesala á cabalgata do día 5, que este ano chegará chea de sorpresas.

 

Programación

Este vindeiro domingo volverá o teatro con As vellas non deben de namorarse, de Teatro Amador-Teatro Airiños, destinado a público adulto. Será no auditorio ás 18.30 horas. O día 27 ás 18 horas terá lugar a proxección do Cineclub de Catoira do filme Cuento de Navidad e o venres 3 de xaneiro (19 horas), será a quenda O rapto da befana, unha obra destinada a público infantil a cargo da compañía teatral Olivas Negras.


Comentar