Dakidarría visita hoxe Meaño cunha fusión de estilos e enerxía no escenario
Meaño
A actuación musical comezará ás dez e media na praza Nova de Dena
24 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe as 22.30 horas, a praza Nova de Dena será o escenario dun grupo dos máis importantes de Galicia, con vinte anos de traxectoria. Dakidarría é un conxunto que mestura estilos na súa música e que xa leva publicados seis discos, entre eles El futuro nunca existió lanzado en 2008.
Este concerto enmarcase dentro do programa +Música da Deputación de Pontevedra, que consigue traer un catálogo de artistas galegos e en galego a concellos que contan con menos de 50.000 habitantes, co obxectivo de fomentar a cultura e a lingua da comunidade autónoma, segundo subliña a institución provincial. Está é unha das 59 accións levadas a cabo entre maio e setembro deste ano e conta cun orzamento de 600.000 euros para aboar os custos de caché dos artistas.