La Voz de Galicia

Trinta barcos, no II Trofeo Ignacio Montenegro de San Vicente

O Grove

Presentación do trofeo de San Vicente do Mar

A regata comeza ás 13.30 horas, na bocana do porto de Pedras Negras

24 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Baixo a organización do Club Náutico San Vicente do Mar e coa colaboración do Concello do Grove, a segunda edición do Trofeo Ignacio Montenegro superou as previsións dos seus responsables, con 30 barcos na súa liña de saída, hoxe ás 13.30 horas na bocana de acceso ao porto de Pedras Negras do C.N. San Vicente.

A previsión meteorolóxica apunta a ventos do noroeste rolando cara ao norte, con intensidade de entre 12 e 16 nós, mar asequible dun metro de onda e unha temperatura de 24 graos.


Comentar