La Voz de Galicia

Pontecesures pide melloras para a N-550 e a ponte sobre o río Ulla

Pontecesures

pontecesures / la voz
Visita do subdelegado do Goberno en Pontevedra ao Concello de Pontecesures

Tamén solicita un paso de peóns na zona de Redondo e unha parada de transporte escolar 

11 May 2024. Actualizado a las 20:49 h.

O Concello de Pontecesures solicítalle á Subdelegación do Goberno en Pontevedra diversas melloras para a N-550 e a ponte interprovincial sobre o río Ulla, así como actuacións na estación de tren e a instalación de semáforos. Fíxoo co gallo da visita do subdelegado Abel Losada ao Concello, na que o goberno local puso sobre a mesa a necesidade de sinalizar un paso de peóns na zona do Redondo, habilitar unha parada de transporte escolar e elaborar un informe técnico que analice o estado do viaduto «xa que aparentemente hai deficiencias notorias que saltan á vista», segundo informan desde o Concello.


Comentar