Soltan máis de 8.500 alevíns de troita en Mina Mercedes de Valga
Valga

Na actividade participaron Xunta e Concello
13 Nov 2022. Actualizado a las 05:00 h.
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, José Manuel González, procederon esta semana á solta de 8.551 alevíns de troita común na lagoa de Mina Mercedes. Os exemplares, de 8 centímetros de lonxitude e procedentes da piscifactoría de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, contribuirán á repoboación do que, desde febreiro do 2012, é un couto de pesca recreativa sen morte.