Alumnos do Ulla-Umia instalan illas para os colectores de lixo en Vilarello
Valga
O obradoiro de emprego compartido por Valga e Moraña chega ao fin dunha nova edición
05 Sep 2023. Actualizado a las 05:00 h.
O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia, promovido polos concellos de Valga e Moraña, enfía a súa recta final. Despois dun ano de contidos teóricos e prácticos nas especialidades de forestais e carpintería, a acción formativa rematará a finais deste mes, mentres o alumnado continúa executando as obras recollidas no proxecto. É o caso dos aprendices de carpintería, que están a realizar traballos na área fluvial de Vilarello.
En concreto, os aprendices están a habilitar dúas illas para agrupar os distintos tipos de colectores do lixo e así favorecer a correcta separación de residuos. Unha delas está emprazada nas inmediacións do local destinado a cafetería e ten capacidade para dous colectores. A outra atópase xunto ao aparcadoiro e ten unhas dimensións maiores e capacidade para catro colectores pequenos e outros dous máis grandes (de papel e cristal).
As dúas illas teñen base de formigón e balaústres e os listóns de madeira tratada en autoclave.