Valga dota de novo mobiliario urbano Mina Mercedes
Valga
O obradoiro de emprego tamén actuará fronte a Urovesa
20 Aug 2024. Actualizado a las 18:32 h.
Os integrantes do módulo de carpintería do obradoiro de emprego Ulla-Umia VII, do que participa o Concello de Valga, instalaron nas últimas xornadas unha gran pérgola de madeira na Mina Mercedes. Ademais, colocarán outro mobiliario, como unha randeeira fronte á fábrica de Urovesa ou un banco elevado a modo de miradoiro cara a lagoa.