Recoñecemento ao sociólogo Fermín Bouza Álvarez
Vilagarcía de Arousa
O acto será no Teatro Principal de Santiago cun acto que repasará súa vida, a súa traxectoria e o seu peso intelectual
09 Feb 2017. Actualizado a las 05:00 h.
O sociólogo Fermín Bouza Álvarez será homenaxeado este domingo no Teatro Principal de Santiago cun acto que repasará súa vida, a súa traxectoria e o seu peso intelectual. Promoven o encontro o Concello e a revista Luzes. Precisamente, o seu director, Xosé Manuel Pereiro, presentará o acto con Manuel Rivas, para dar paso ás intervencións de Amada Traba, Ana Acuña, Antón Baamonde, Antón Losada, Antón Patiño, Xosé M. Beiras e Carmen Pena. A música virá da man de Fermín Bouza Pena, Eladio dos Santos, Luis Emilio Batallán e Miro Casabella. Para Pereiro, «é tamén un recoñecemento ao seu avó, multado con 10.000 pesetas por poñer no balcón de Vilagarcía unha bandeira galega sendo tenente de alcalde».