Ravella realiza actuacións de mellora no valado do parque infantil de O Salgueiral
Vilagarcía de Arousa
O recinto de xogos xa se atopa completamente delimitado
21 Jan 2022. Actualizado a las 05:00 h.
Os operarios do servizo municipal de Medio Ambiente do Concello de Vilagarcía traballan estes días na mellora do parque infantil do Salgueiral, en Bamio. A actuación a realizar consiste, basicamente, en renovar o peche perimetral de madeira e en completalo polos laterais onde non existía. Deste xeito a zona de esparexemento quedará totalmente delimitada, ofrecendo maior comodidade e seguridade aos usuarios.
Os traballos forman parte do plan de mantemento de parques infantís e zonas de esparexemento que o Concello ten en marcha de forma permanente e a través do cal se vai actuando ao longo de todo o ano en diferentes áreas para garantir a súa conservación e mantemento. Neste caso, substituirase todo o valado de madeira que se atopaba deteriorado polo paso do tempo e, en parte, debido ás obras se ensanche e mellora da Rúa Xiabre, que fixo necesario retranquear o peche. Aproveitando a actuación, completarase todo o perímetro da área recreativa instalando tamén valado de madeira nos laterais nos que non existían, na parte que linda con monte. Nesta zona foi preciso primeiro limpar e acondicionar o terreo para poder colocar os postes de madeira tratada e que van en cor natural.