La Voz de Galicia

Reabren ao baño a praia do Preguntoiro

Vilagarcía de Arousa

Imagen de usuarios de la playa de O Preguntoiro en agosto.

O Concello de Vilagarcía confirma a conclusión do episodio de contaminación micribiolóxica no areal

15 Sep 2023. Actualizado a las 20:37 h.

O episodio de contaminación microbiolóxica detectado nas últimas horas na praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, deuse por conluído este venres, tras recibir os resultados da analítica realizada o día anterior polo departamento de Sanidade da Xunta. O comunicado confirma que as augas regresaron aos parámetros de calidade normais, polo que o baño volve a estar permitido dende este mediodía.

A contra análise da mostra tomada o xoves pon de manifesto que o incremento da concentración de e-coli por riba dos niveis permitidos respondeu a unha situación puntual e pasaxeira.


Comentar