La Voz de Galicia

O sistema de resonancias móbil fixo 1.398 probas no Salnés

Vilagarcía de Arousa

Raquel Cocaño, B.C. Vilagarcía / La Voz

O servizo facilita o acceso á poboación destes equipos e da especialización do seu persoal, achegando axilidade diagnóstica aos pacientes

24 Aug 2024. Actualizado a las 13:52 h.

O sistema de resonancias móbiles do Sergas realizou 15.901 probas a 13.404 pacientes nos seus primeiros meses de ano, das cales 1.398 fixéronse a 1.125 pacientes no Hospital do Salnés. Este dispositivo presta servizo a todos os hospitais comarcais de Galicia e tamén apoio aos centros de resonancia fixa.

Foi, ademais, pioneiro no emprego da tele-radioloxía e actualmente emprega intelixencia artificial para a adquisición de imaxes de resonancia. A posta en funcionamento do servizo móbil, hai 18 anos, permitiu aforrar máis de 32 millóns de quilómetros en desprazamentos para os pacientes, segundo informa o Sergas.

 

 


Comentar