Cortegada esfúmase entre a brétema
Vilagarcía de Arousa

A mesta néboa que cubriu a ría este sábado impedía ver a illa dende Carril
22 Sep 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Este sábado á maña, unha fata morgana, lírica maneira de se referir a un espellismo provocado por una inversión térmica, fixo emerxer unha ringleira de edificios sobre o mar de Carnota. O que sucedeu en Carril encarnou todo o contrario. A mesta brétema que se abateu sobre a ría despois dunha longa noite de choiva borrou da vista a mesmísima Cortegada coma se nunca existise. Abondan en Galicia as lendas sobre cidades asolagadas, non só baixo a auga, senón tamén cubertas pola area. Non foi o caso. Cando a brétema marchou, a illa carrilexa volveu á vida. Quen sabe se co can do urco agardando xa a treboada.