Cineclube Ádega proxecta «Noite de estrea», de Cassavetes
Vilagarcía de Arousa

O filme poderá verse este venres no Salón García
17 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.
«Noite de estrea», dirixida en 1977 por John Cassavetes, é a nova proposta semanal do Cineclube Ádega de Vilagarcía de Arousa. Unha escolla, explican os seus responsables, a modo de homenaxe á súa protagonista, Gena Rowlands, muller do realizador do filme e falecida hai pouco tempo. A proxección está programada para este venres ás 20.30 horas no Salón García, con entrada de balde para os socios do cineclube.