La Voz de Galicia

«Hai dous anos era difícil atopar un local de xeito céntrico e baldeiro»

Barbanza

María López Ribeira/la voz.

04 Jul 2010. Actualizado a las 02:00 h.

Mari Paz Fernández lanzouse hai uns días á aventura de abrir a súa propia libraría nunha céntrica rúa próxima á praza do Concello de Ribeira. De momento está contenta coa aceptación do seu negocio entre o público.

- ¿Por que decidiu montar unha libraría?

-Formeime como auxiliar administrativo e a verdade é que encontrei pouco traballo nisto. Fixen moitas cousas, pero non me sentín estable en ningún sitio. Coa libraría busco estabilidade, un traballo para xubilarme.

- ¿Está contenta cos primeiros días de traballo? -En principio, si. A xente comeza a vir comprar a prensa e artigos de papelería. Ademais, gústame este traballo porque podo observar o que pasa minuto a minuto no pleno centro da cidade.

- ¿Cal é a principal dificultade que ve no negocio ? - A verdade é que ter unha libraría é máis difícil do que parece, pois nela véndense artigos moi variados. Ademais, o contacto cos provedores de xornais e revistas é bastante lioso. Outra dificultade é adaptarse aos cambios no gusto dos clientes.

- ¿Por que abriu a tenda neste momento? -É un momento frouxo, pero hai dous anos era difícil atopar un local de xeito céntrico e baldeiro e a crise deume a posibilidade de telo a un prezo axeitado. Ademais, a venda libros aumentará cando chegue setembro.


Comentar