La Voz de Galicia

«Todo o mundo sabía que ía ser cociñeira, sempre me gustaron as cazolas »

Barbanza

María López ribeira/la voz.

16 Jul 2010. Actualizado a las 02:00 h.

Manuela Otero é unha nicrariense que veu vivir ao concello de Boiro cando aínda era unha adolescente. Hoxe en día, traballa como cociñeira no Hospital da Barbanza.

-¿Cando decidiu vostede que ía ser cociñeira?

-Uff... hai un montón de tempo. Eu comecei traballando na cociña dun negocio familiar con 19 anos. Todo o mundo sabía que ía ser cociñeira, sempre me gustaron as cazolas.

-¿Como é o día a día na cociña dun hospital?

-Nada máis chegar, sácase a comida das neveiras para preparar, unha vez preparada sóbese á planta. Este proceso repítese todos os días, é algo moi rutinario.

-¿Implica moita responsabilidade traballar na cociña do hospital?

-A verdade é que si. As dietas poden contribuír a mellorar ou a empeorar a saúde dunha persoa enferma. Na cociña do hospital é fundamental estar moi atentos ao que indica o control de enfermeiros sobre as dietas, xa que en calquera momento pode haber un cambio. Dar un produto incorrecto a un alérxico pode ser un erro mortal.

-¿Por que pensa que a comida dos hospitais ten tan mala fama?

-O problema da comida do hospital é que non sempre se lle dá aos enfermos o que lles gustaría comer. Moitos deles veñen da casa sen facer ningún tipo de réxime, porén aquí teñen que adaptarse á comida que o médico prescribe para eles.


Comentar