La Voz de Galicia

«O que quería era un nome creativo que chamase a atención»

Barbanza

María López ribeira/la voz.

25 Aug 2010. Actualizado a las 02:00 h.

O 29 de abril, Pas...Pan abriu as súas portas nas proximidades da igrexa de Ribeira. Dende aquela, os veciños están encantados cos produtos que María José Francisco vende, cada día, na súa panadería.

-¿Por que decidiu montar a panadería?

-Eu son filla do panadeiro de Aguiño, así que me vén un pouco de familia. Estiven traballando varios anos en Arzúa, e ao volver, tiña que facer algo. Como a miña saúde non dá para moito, pensei nunha actividade máis relaxada que traballar nunha fábrica. A panadería pareceume unha boa opción.

-¿Que produtos teñen?

-Na panadería temos varios tipos de pan: pan artesán, pan branco e baguetes, e tamén repostería. Ademais diso, servimos todo tipo de bebida, menos as alcohólicas.

-¿Que tal acollida tivo o negocio entre o público?

-En principio ben, aínda que nos comezos, as obras para converter a rúa en peonil, prexudicáronme bastante. Agora, a xente dime que nin se me ocorra deixar o negocio, que están moi contentos de ter unha panadería tan cerca.

-¿De onde vén o nome?

-Elixino eu. Pas...Pan vén de pastelería panadería. O que quería era un nome creativo, que lle chamase a atención á xente. Eu penso que é unha boa elección, de feito sona moi comercial. Xa me teñen preguntado varias veces se a panadería é unha franquía, e iso é síntoma de que o nome gusta.


Comentar