La Voz de Galicia

Barbanza conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Barbanza

M.X.B.

24 Feb 2014. Actualizado a las 16:06 h.

Un recital de poesía a cargo de Ana Blanco en Porto do Son e unha lectura colectiva de poemas dirixida por Alicia Padín e Santi Páramo en Ribeira abriron os actos organizados en Barbanza para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Aínda quedan pendentes outras dúas citas destacadas: unha mesa redonda no instituto Virxe do Mar (18.00 horas), na que intervirán o presidente e o secretario da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e Enrique Monteagudo, respectivamente, así coma o investigador Ramón Torrado; e a presentación dos libros «Prosopagnosia» e «Como foi o conto e outras peças teatrais», de Alberte Pagán. Esta última proposta está promovida por Barbantia e terá lugar ás 20.00 horas na libraría Nobel de Boiro.


Comentar