A festa da lingua irrompe en pazos e rúas
Barbanza
Unha ducia de actos conmemoran a data en Barbanza da man de romarías, ofrendas florais, espectáculos itinerantes e música
17 May 2016. Actualizado a las 05:40 h.
Barbanza súmase hoxe á celebración do Día das Letras Galegas cunha ducia de actos espallados pola comarca que levarán a festa da lingua dende o pazo ata á rúa.
Boiro
Finca de Goiáns???11.00 a 22.00 horas???Un dos pratos fortes da xornada terá lugar aos pés do pazo boirense, onde por sexto ano a Romaría das Letras no Barbanza ofrecerá un completo menú a base de música, literatura e tradición, acompañando a unha mostra na que exhibirán o seu traballo unha vintena de artesáns, asociacións, entidades e empresas vinculadas ao mundo da cultura.
A partir das once e media da mañá haberá xogos populares para todas as idades e ao longo do día varias agrupacións de música e baile tradicional animarán a festa, que fará unha parada ao mediodía nun xantar campestre. Entre os actos destacados figuran unha lectura de textos de Manuel María, o autor homenaxeado este ano polas Letras, do grupo de teatro Airiños (16.30); seguido dos discursos institucionais e as presentacións dos libros De remate, de Héctor Cajaraville (17.00), e Labrego con alma de poeta, de Mercedes Queixas (18.00); e, de guinda, o concerto das Letras a cargo de Barahúnda (20.30).
Rúa Peonil???11.00 horas? Ademais, no centro da vila a biblioteca e as librarías sairán á rúa, onde tamén haberá un recital poético a cargo do alumnado de primaria do concello e da Escola de Música, así como un concerto didáctico no que tamén participarán escolares.
Ribeira
Praza do Concello???11.00 a 13.00??Tres obradoiros literarios matinais para nenos botarán a andar os actos en Santa Uxía, onde anunciarán este ano a festa dous xigantes de tres metros e medio de altura caracterizados como Rosalía e Castelao, realizados por Gonzalo Sarasquete.
Rúa Castelao??16.00 a 20.00 horas? O parque do conservatorio de música de Aguiño encherase de inchables e música e os máis pequenos poderán apuntarse a unha xornada de debuxo infantil (de 17.00 a 19.00 horas). Ao remate da actividade, o malabarista Roi Sixto dará un espectáculo.
Rianxo
Taragoña???10.30 a 22.00 horas ??A asociación Antrospinos anima á xente a acudir vestida con roupas de comezo de século a súa Festa do 17 de maio, que arrancará con alboradas e un mercado tradicional, e seguirá cun torneo de escoba, un serán (18.00) e o concerto de Blues do País de peche (21.00).
Praza de Castelao???12.00 horas ??Os textos de Manuel Marían musicados por Suso Vaamonde e arranxados por Antón Alcalde serán interpretados polo alumnado do CEIP Ana María Diéguez, a Banda e a Escola de Música no concerto Soños na Gaiola.
Noia
Tapal???12.00 horas?? Un grupo de bares unidos no colectivo Os Chiquiteiros celebrarán unha alborada a cargo de catro grupos de gaitas. A partir das 17.00 horas haberá foliada nos locais.
Alameda???13.00 horas ??Ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés e María Mariño, coa intervención de Serafín Fernández Villanueva. Unha hora antes, inaugurarase na Casa da cultura unha mostra filatélica.
Porto do Son
Casa da cultura???20.00 horas ??Pola mañá, de 11.00 a 14.00 horas, a casa da cultura celebrará uns obradoiros culturais para nenos a partir dos 4 anos, onde pola tarde terá lugar un recital poético dramatizado en homenaxe a Manuel María a cargo da Tertulia Literaria Tapal.
Outes
Praza do Concello???12.30 horas ??Terra de Outes promove unha ofrenda floral no monumento a Francisco Añón nas vodas de ouro da dedicación das Letras ao poeta. E o centro social acollerá ás 19.00 as actuacións da coral que leva o seu nome e outros grupos folclóricos
Lousame
Un espectáculo itinerante sobre Manuel María percorrerá varias parroquias de Camboño (10.30 horas), Vilacoba (11.30), Fruíme (12.30) e Tállara (13.30).
Muros
Alameda de Esteiro???13.30 horas ??Acto no busto de Xosé Agrelo.