La Voz de Galicia

Carlos Callón e Carlos Lixó súmanse esta tarde á festa da literatura

Barbanza

O programa de actividades inclúe unha sesión de contos con Alicia Padín (12.00) e o espectáculo As parábolas de Pakolas

23 Jun 2018. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Praza do Concello de Ribeira • De 12.00 a 14.00 e de 18.00 e as 22.00 horas • A Feira do Libro de Ribeira segue a concederlle relevancia aos escritores locais. Hoxe serán Carlos Callón e Carlos Lixó os que, ás 20.30, falen dos seus últimos volumes e participen nun coloquio que será moderado por Manuel Cartea, presidente de Barbantia.

 

O programa de actividades que servirán de complemento ás casetas que están instaladas na Praza do Concello inclúe tamén unha sesión de contos con Alicia Padín (12.00) e o espectáculo As parábolas de Pakolas (19.00). As escritoras Maite Mosconi e Rocío López desembarcarán na feira para asinar exemplares. A xornada culminará coa presentación de Galeguia, de Manuel Miragaia.


Comentar