O poder xudicial
Barbanza
20 Nov 2018. Actualizado a las 05:00 h.
A crónica do xornalista Javier Romero publicaba neste xornal o pasado 15 de outubro dicía: «Las matemáticas son una ciencia exacta. Y los juzgados de Ribeira, históricamente, son los que más asuntos tramitan si la comparación se hace con el resto de sedes de ámbito comarcal de la provincia. ¿Y si la comparativa se hace con algunas ciudades? La respuesta, atendiendo a la misma ciencia incuestionable de las matemáticas, demuestra que, por ejemplo, los funcionarios del partido judicial de Ribeira tienen más carga de trabajo que los de Ferrol». Moi mal o de Ferrol.
Vexamos agora o que manifestou o venres o avogado noiés Manolo Blanco-Ons á xornalista Marta Gómez preguntado sobre a revolta na situación da xustiza: «Únense dous factores para que sexa así, hai reclamacións de tipo retributivo e hai o enfado por parte dos xuíces con todo este tema da manipulación groseira por parte dos partidos políticos do que ten que ser a independencia xudicial». Atinada aseveración.
Reiterándolles que o poder xudicial é un dos máis importantes para a boa saúde das democracias, coido que cómpre recoñecer que o tándem Sánchez-Iglesias meteulle un gol por toda a escuadra a Casado co gallo da renovación do máximo órgano de goberno dos xuíces que, ademais de inconstitucional, é unha vergoñosa claudicación do PP que causará graves consecuencias como aconteceu nos concellos coa Lei de Bases de Réxime Local (1985), que posibilitou tódalas tramas de ladroízo, corrupción e trapalladas agochadas nos caixóns coa noxenta confabulación dos dous grandes partidos a nivel nacional: PSOE/PP.