Ciclovías
Barbanza
04 Oct 2022. Actualizado a las 05:00 h.
Onome da ciclovía estase utilizando en España cun nome caseiro: carril bici. E xeneralízase a calquera vía concibida especialmente para o uso exclusivo dos velocípedes. Si é certo que é bo ter unha vía exclusiva para circular entre dúas localidades, pero non nas estreitas rúas que segmentan para forzar unha vía pintada de encarnado, como un elefante dentro dun coche.
Dentro da tendencia europea de mobilidade sustentable sobre dúas rodas, para a conexión entre aldeas ou vilas pódense e débense explorar deseños de vías —preferentemente en terra batida— separadas da calzada para automóbiles, incluso separadas das beirarrúas —se houbera—. O deseño que podemos ver no centro de Galicia para os tractores pode ser un bo exemplo de ciclovías sustentables, afastadas de outro tipo de vehículos, separadas do ruído dos coches. Forzar unha vía pavimentada a carón da calzada, ou dentro dela, non é máis que forzar un modelo que non seduce aos ciclistas.
No que se refire ao solo urbano, a malla urbana das cidades e vilas, eu entendo que non debe haber ciclovías exclusivas, porque o que fan é iso, excluílos do resto do mundo. Son máis partidario de deseñar plataformas de convivencia cívica entre peóns, bicis e automóbiles. Un bo deseño, que contemple mobiliario, árbores e pavimentos pode conseguir que os coches baixen a velocidade e as bicicletas se integren no conxunto.
Non hai máis que velo en cidades de tradición no transporte en bicicleta, como Amsterdam, onde conviven todos os vehículos, incluídos os tranvías, e as estatísticas de accidentes avalan ese modelo.