La Voz de Galicia

Homenaxe a Picasso desde Artes a través do gravado

Barbanza

Este mércores chegará ao seu fin o terceiro dos cursos impartidos esta tempada, nos que se aplicaron as técnicas de Picasso ao linogravado

05 Jul 2023. Actualizado a las 05:00 h.

O tórculo do obradoiro de gravado do Museo de Artes segue en funcionamento. Hoxe chegará ao seu fin o terceiro dos cursos impartidos esta tempada, nos que se aplicaron as técnicas de Picasso ao linogravado. As clases contaron coa participación de 60 alumnos, chegados tanto de diversos lugares de Galicia como de León, País Vasco, Alacante, Madrid ou Asturias, entre outras procedencias. De impartilas encargáronse os profesores José Fuentes, Antonio Navarro e Isabel Carralero, da Universidade de Salamanca.

A iniciativa formativa concluirá hoxe, ás 13.30 horas, coa entrega de diplomas aos participantes no último curso, que onte recibiron a visita do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que acudiu ás instalacións de Artes acompañado polo presidente da fundación encargada da xestión do museo, Manuel Ruiz Rivas, e polo vicepresidente, Javier Expósito.

Mañá hai fixada unha nova cita na sala de Artes. Trátase da inauguración da exposición Arredor do debuxo, con obras de Quintana Martelo, que permanecerá a disposición do público ata o 31 de agosto. O acto será ás 20.30 horas.


Comentar