La Voz de Galicia

Centros e periferias

Barbanza

Manuel Gago
Autovía de Barbanza

OPINIÓN | A análise detallada dos datos no web do INE revela como o Barbanza tamén é un espazo con diferenzas internas, con Ribeira como concello con menos mobilidade

08 Nov 2023. Actualizado a las 05:00 h.

Estes días o climatólogo Dominic Royé (@dr_xeo) publicou un mapa sobre a mobilidade en novembro de 2021 na España peninsular e Baleares, a partir de datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística coa xeolocalización dos teléfonos móbiles.

Os resultados amósannos o desequilibrio entre xeografía e o territorio da vida cotiá, definindo áreas moi concretas nas que as persoas se moven a curta distancia, entre residencias, núcleos de poboación e centros de traballo.

No mapa chama a atención a entidade de Galicia como un sistema propio de circulación, estruturado ao redor do eixo atlántico e cun peso específico do tramo sur, entre Santiago e Vigo. Podemos ver as densas áreas metropolitanas de A Coruña e Vigo e un detalle moi interesante: como o Barbanza e o Salnés participan plenamente destas dinámicas de mobilidade atlántica a través das súas autovías.

Pero a análise detallada dos datos no web do INE revela como o Barbanza tamén é un espazo con diferenzas internas, con Ribeira como concello con menos mobilidade (só un 6% de poboación sae do concello) e Porto do Son (15%), Rois e Lousame (17%) e Outes (17%) como municipios con máis desprazamentos. A Pobra (10%) e Boiro (11%) ou Noia (10%) andan en valores medios.

Esta realidade ten que ver sobre todo coa circulación cara os postos de traballo e, se cadra en menor medida, cara os centros de servizos ou lecer, revelando a xeografía humana da comarca, a preeminencia económica de Ribeira e a estreita relación entre os muncipios.


Comentar