La Voz de Galicia

Barbantia festexa o Día de Rosalía presentando o libro de Ana Cabaleiro

Barbanza

Ana Cabaleiro presentará o seu libro no pazo de GoiánsAna Cabaleiro presentará o seu libro no pazo de Goiáns

Durante o acto está previsto realizar una lectura poética da obra da escritora de Padrón

17 Feb 2024. Actualizado a las 18:00 h.

O acto mensual que celebra a Asociación Cultural Barbantia coincidirá este mes co Día de Rosalía, unha data moi sinalada para a cultura galega que servirá para recordar á escritora de Padrón, xa que está previsto realizar unha lectura poética da súa obra. Ademais, tamén se aproveitará esta cita para presentar o libro Xa vemos as palmeiras, da escritora Ana Cabaleiro.

 Ela será unha das convidadas do acto que se levará a cabo o venres, a partir das 20.30 horas, no pazo de Goiáns, e no que tamén intervirán Xesús Laíño e María Xesús Blanco, vocal e presidenta da Asociación Barbantia, respectivamente, así como María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro.

Ademais, ao día seguinte sairá publicado en La Voz de Galicia o número 192 do suplemento cultural A Voz de Barbantia correspondente ao mes de febreiro.

 


Comentar