La Voz de Galicia

Depredador

Barbanza

Carlos H. Fernández Coto
Multitud de turistas en la plaza de Platerías de Santiago

30 Apr 2024. Actualizado a las 05:00 h.

turismo xa é considerado polos expertos, o maior depredador do século XXI. O que foi considerado un alicerce da recuperación económica, tamén un estimulador das actividades locais que reciben visitantes, está causando graves problemas de despoboamento e xentrificación, perda da identidade, sobre custo de servizos e xerador de pobreza, polo menos nunha parte da sociedade.

O feito de que veñan cartos externos, sobre todo de persoas con maior poder adquisitivo, desequilibra a cesta da compra dos nativos, que non poden permitirse a suba dos prezos. O que pode ser visto como xerador da interculturalidade, o que fai é que os servizos se especialicen en tendas de recordos para turistas, destruíndo o tecido local diverso e completo.

O que podería ser unha fonte de ingresos para os concellos xera servizos esaxerados para a poboación, aumentando os impostos. O que podería ser un escaparate do patrimonio cultural convértese nun parque temático.

Os estudos non enganan: Venecia perdeu o 70 % da súa poboación, e segundo estudos, no 2040 non vivirá ren na cidade, e xa lle poden poñer cancelas con cobradores para os turistas, para ver pedras mortas, un lugar lúgubre recordo do pasado. Compostela, Fisterra e Combarro van polo mesmo camiño, e se a Ribeira Sacra chega a patrimonio mundial, morrerá para sempre.

Non é o turismo a galiña dos ovos de ouro, senón a invasión e destrución da nosa identidade. O pobo de Canarias xa tomou as rúas, farto de tanto guiri, Venecia xa cobra entrada, algo inédito nunha cidade. O final está máis preto.


Comentar