La Voz de Galicia

A historia e a intriga mandanLIBRO GALEGO OUTRAS LINGUAS

Barbanza

Clara aposta polos escritores da comarca

08 Nov 2024. Actualizado a las 15:34 h.

No momento de elixir libros en castelán, os lectores de Barbanza decántanse pola historia e a intriga, aínda que a temática romántica tamén inflúe bastante nas vendas. A gran singularidade está nas preferencias literarias en galego, posto que hai unha clara aposta polos escritores da comarca.

Antón Riveiro Coello é unhas das plumas preferidas e o seu Hotel Carioca, que foi merecedor do Álvaro Cunqueiro de novela no 2022, aínda segue a ter demanda. En Outes e arredores, o líder das vendas en galego é Abel Tomé. «Sen dúbida, a proximidade manda», sinala a libreira María José Lestón, que engade que tamén María del Carmen Rey Núñez, autora de Mazaricos, ten boa aceptación.

Tamén a proximidade leva aos veciños de Carnota e arredores a decantarse por Héctor Pose, natural de Malpica. O feito de térselle dedicado o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta propiciou que un libro de poemas seus ilustrado por Maribel Longueira, Papagaio, se situase entre os máis demandados deste ano.

No que á literatura en castelán se refire, os barbanceses demandan aqueles volumes que están entre os máis lidos a nivel estatal. Juan Gómez-Jurado, Carmen Mola e Julia Navarro son as plumas que máis interese espertan na comarca, pero nesta selecta lista tamén figuran autores galegos que escriben en castelán, sendo nestes intres o máis importante Manuel Loureiro.

A novela romántica ocupa un oco destacado nas librarías de moitos barbanceses e, neste xénero, Megan Maxwell é a preferida. Ademais, Stephen King é un escritor que semella non pasar de moda. Entre os máis pequenos, a colección Unicornia é a gran triunfadora.

Hotel Carioca

 

Antón Riveiro Coello

Editorial Galaxia

594 páxinas

Muxos

 

Héctor Pose

Hércules de Ediciones

140 páxinas

O papagaio

 

Luísa Villalta

Editorial Kalandraka

112 páxinas

Milú e o edificio...

 

Abel Tomé

Editorial Xerais

144 páxinas

Cuando la tormenta pase

 

Manuel Loureiro

Editorial Planeta

480 páxinas

El paciente

 

Juan Gómez-Jurado

Editorial B

474 páxinas

El clan

 

Carmen Mola

Editorial Planeta

450 páxinas

El niño que perdió la guerra

 

Julia Navarro

Plaza & Janes

640 páxinas


Comentar