La Voz de Galicia

Val de Arousa

Barbanza

Carlos H. Fernández Coto Carlos H. Fernández Coto
Imagen de archivo de una vista de la ría de Arousa tomada desde el monte de A Curota.Imagen de archivo de una vista de la ría de Arousa tomada desde el monte de A Curota.

18 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.

que hoxe coñecemos como ría de Arousa, de igual xeito que as de Pontevedra, Vigo ou Noia e Muros, non foi sempre un mar no que había bateas, no que os barcos pescaban ao xeito, no que hoxe se comeza a practicar deportes náuticos.

Sabemos que o Areoso contén restos arqueolóxicos de mámoas das épocas neolítica e calcolítica, pero non foi porque quixeran facer túmulos funerarios no medio do mar, illados da terra, xa que sería algo fantasioso e propio dos mitos das mouras o de levar esas grandes pedras en barcos ao medio da ría. O mesmo sucede con Sálvora, as illas Cíes ou a de Ons e Onceta.

Hai apenas 4.000 anos podíase ir a pé a todas, xa que o mar tiña un nivel de moitos metros menos de altura, pero tralas glaciacións foi enchendo eses vales de auga ata coñecelos como hoxe os coñecemos, polo que o que nos din do cambio climático e a subida das augas débese relativizar, en tanto, dentro de outros catro mil anos probablemente o mar chegue a Padrón, e moitas das vilas mariñeiras que hoxe coñecemos permanecerán asolagadas polo mar.

Pouco sabemos o que hai dentro das rías galegas, probablemente porque pouco se investigou, e de ser investigado, pouco foi trasladado á cidadanía ese coñecemento, pero seguro que toda a ría de Arousa estaba chea de viñas, socalcos, prados e pedras, á imaxe do que hoxe coñecemos como o interior de Galicia. Non sabemos se había algún castelo, muros de pedra construídos a xunta seca, mesmo se había marcos como hoxe coñecemos. O que si é certo é que non sempre foi mar de Arousa con barcos navegando e pescando, como hoxe.


Comentar