A patronal de Boiro consegue 35.000 euros para sete socios
Boiro

A subvención servirá para a implantación de webs de venda en liña, mellora das ferramentas de localización, xestión de redes sociais ou mellora da imaxe dixital e da loxística comercial
25 Jul 2024. Actualizado a las 15:50 h.
La Xunta de Galicia resolveu a concesión de axudas para a transformación dixital, innovación do sector comercial e artesanal galego. Nesta convocatoria, a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) acadou un pleno, xa que foron aceptadas as sete solicitudes que tramitou para comercios asociados. En total os beneficiarios recibirán preto de 35.000 euros.
A subvención servirá para a implantación de webs de venda en liña, mellora das ferramentas de localización, xestión de redes sociais ou mellora da imaxe dixital e da loxística comercial.
Tamén se levarán a cabo procesos de modernización comercial como a instalación de sistemas eficientes, dispositivos de climatización, así como diferentes reformas nos establecementos encamiñadas a mellorar a imaxe dos negocios.
Dende a ABE destacaron que son unha das poucas patronais que realiza todo o proceso de tramitación de axudas para seus negocios asociados.