Una crisis superada y los presupuestos, en el haber del bipartito de Muros
Muros
El binomio formado por BNG y PSOE hace gala de buena salud
04 Jun 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Excepcionalmente, la mayoría de las corporaciones locales de Barbanza tomaron posesión en julio, con casi un mes de retraso con respecto al resto, así que el primer año desde la cita con las urnas se ha pasado en un suspiro para gobiernos como el de Muros. Con todo, este tiempo ha sido suficiente para poner a prueba el pacto entre el BNG y el PSOE, que ha superado una crisis y la elaboración de sus primeros presupuestos sin que, al menos en apariencia, el entendimiento entre los grupos se haya resentido.
En cuanto a la crisis, surgió por una cuestión ajena al ejecutivo, pero que sin duda levantó ampollas: el órdago de la asociación que organiza las Carrilanas de Esteiro para que Caridad González se desvinculara de la organización del Gran Prix bajo la amenaza de dimitir en bloque dejando en el aire la celebración de la cita, la única fiesta de interés turístico nacional de la comarca.
Finalmente la sangre no llegó al río, la directiva sigue al frente de la entidad con el respaldo de masa social de Esteiro y el gobierno bipartito salvó la bola de partido y mantiene su apoyo sin fisuras a una celebración que es un emblema del municipio. Por su vinculación a la fiesta, la situación afectó especialmente a la alcaldesa, María Lago, como ella misma reconoce, quien aboga por dar tiempo al tiempo para que las aguas se calmen.
Las cuentas
El segundo aspecto que marcará este primer año es la aprobación de los presupuestos, que ya están listos para someterlos al dictamen del pleno. Desde el ejecutivo reconocen que no ha sido fácil elaborar el documento, pero el esfuerzo realizado ha servido para consensuar una propuesta que les permitirá, ahora sí, contar con unas cuentas actualizadas para empezar a desarrollar su programa.
El otro objetivo del proyecto económico es paliar el problema de la falta de personal, una cuestión que preocupa desde el minuto uno del mandato y que se antoja crucial para agilizar la gestión municipal. Habrá que ver si es verdad.
María Lago: «Buscamos o punto de encontro, non o da confrontación»
Hai un ano, o nome da nova alcaldesa de Muros era unha incógnita, e non eran moitos os que apostaban por que o pacto entre BNG e PSOE para formar goberno frutificase, pero equivocábanse. Houbo acordo e a nacionalista María Lago pasou a ocupar a presidencia do Concello. Pasados os meses, a súa valoración é positiva: «Está sendo unha etapa moi produtiva».
De todo o traballo que se leva feito dende a toma de posesión, María Lago subliña unha cuestión fundamental: «Temos listo os orzamentos e non imos tardar máis de 15 días en sacalos, queremos aprobalos antes de cumprir un ano de mandato. Non foi fácil elaboralos, partíamos duns presupostos moi desfasados, do 2021, e fai falta moito traballo, entendemento e poñer en consenso todas as áreas do Concello para sacalos adiante. Parécenos importante e digno de salientar que imos aprobar os orzamentos antes de cumprir un ano no goberno, sobre todo porque dende o 2015 en Muros só se aprobaron uns».
A mandataria fala tamén de obras nas que se está traballando ou para as que se conta xa con proxectos elaborados, unha cuestión na que ten especial relevancia o saneamento: «Fixemos e seguen a facerse moitas obras pequenas que solucionaron xa puntos de vertido en distintos lugares. Temos tamén un gran proxecto para o que precisamos o apoio doutras Administracións porque vai ao millón de euros para dotar de saneamento unha ampla zona entre Valdexería e Laxeiras, en Serres. Tamén está preparado para saír a licitación a mellora do pavimento do núcleo histórico». A dotación de persoal consignando as partidas necesarias para ampliar os traballadores en departamentos como o de obras, urbanismo e a Policía Local é outra das prioridades.
No que respecta á relación entre os dous grupos que forman o goberno, Lago sinala que é boa por unha razón: «É normal que xurdan diferenzas porque somos partidos diferentes, pero buscamos sempre o punto de encontro, non o da confrontación e creo que estamos facendo un bo labor e conseguindo unha estabilidade que non había dende hai anos neste Concello. Cada un é responsable das súas áreas, pero traballamos de forma coordinada».
Caridad González: «Non queremos perder o tempo en discutir»
A socialista Caridad González xa sabía o que era gobernar Muros, pero o feito de facelo formando equipo con outro partido é unha experiencia nova que esixe man esquerda para acadar consensos. Porén, sinala que non está resultando complicado chegar a acordos por unha cuestión práctica: «Non queremos perder o tempo en discutir, hai tanto que facer que non podemos gastar esforzos niso. E tampouco temos grandes problemas porque xa partimos de programas similares».
Explica González que estes primeiros meses de mandato están sendo «de moito traballo. Collemos o Concello con moita falta de persoal e de mantemento, xa o dicíamos na campaña, e está peor do que nós pensabamos. Estamos tratando de rexurdir con moito traballo».
Neste sentido, recoñece que o feito de formar un executivo con maioría absoluta é unha vantaxe indiscutible, sobre todo habendo entendemento entre os dous grupos: «Ter maioría e levar as cousas consensuadas a pleno é unha tranquilidade e unha garantía de que o traballo feito non vai caer en saco roto». Unha das cuestións que máis ocupado tivo ao executivo nas últimas semanas é a elaboración dos orzamentos, que están listos para a súa aprobación: «Foi complicado sacalos adiante porque atopamos bastantes problemas, sobre todo en persoal».
No que respecta ao futuro máis inmediato, nas súas áreas están centrados en sacar adiante citas como Muros mira ao Mar, e de cara aos vindeiros meses sinala como prioridades «cumprir co noso programa e sacar adiante cuestións pendentes, como o Cine París, e mellorar o mantemento e limpeza do municipio».
«Hai estabilidade para eles, para Muros non»
Cando se lle pregunta á exalcaldesa Inés Monteagudo se o goberno en maioría e a estabilidade que se presume que leva consigo están a notarse no municipio, responde sen rodeos: «Hai estabilidade para eles, para Muros non. Vai alá un ano no que non se viron beneficios para o pobo, máis ben ao contrario».
Desde o principio do mandato, a voceira do PP vénse mostrando crítica coa actuación do goberno local: «O que se fixo foi incrementar o gasto corrente pola cantidade de asesoramentos externos que se están contratando, ademais dos incrementos salariais do goberno, e iso tampouco se ve reflectido na atención á cidadanía». Sinala tamén a falta de novos proxectos: «Nós no primeiro ano licitamos un montón de obras, o Cine París, O Chalón, o campo de fútbol... Sacamos 640.000 euros en obras, e neste ano o único que se licitou foi a instalación que caldeiras de biomasa que deixamos nós tramitado». A lista de queixas de Monteagudo esténdese ás convocatorias plenarias: «Os plenos están baleiros de contido, só levan modelos de regulamentos que fai a Fegamp ou mocións tipo que mandan os partidos. Iso, e suplementos de crédito para facer fronte a ese aumento do gasto corrente. O máis salientable deste ano foi a dimisión do número 2 do BNG no primeiro pleno ordinario».
A líder do PP bota en falta máis iniciativa por parte do executivo: «Non fixeron nada que redunde no pobo, non se ve nada de nada, nin orzamentos, ni RPT, nin investimentos... Nada do que nos pedían e nos reclamaban a nós nun mandato que ademais estivo condicionado pola pandemia o fixeron eles».
Manuel Lago: «Este é o goberno do fracaso. Non se viu que fixeran nada dos seus programas»
Unha das sorpresas das pasadas eleccións municipais foi a irrupción dunha nova forza política na corporación: Muros Centrado. O seu concelleiro, Manuel Lago, deixou claro dende o primeiro momento que non estaba disposto a ser un convidado de pedra, e a súa crítica á xestión municipal é constante en cada pleno.
Transcorrido case un ano de mandato, o seu balance dista moito de ser positivo: «Este é o goberno do fracaso. Non se viu que fixeran nada novo, nin dos seus propios programas, simplemente están executando asuntos, obras e proxectos que deixou o anterior executivo do PP».
Para Manuel Lago, o máis preocupante é «a falta de ideas». E engade: «Quen está na oposición si que as ten, pero non as atenden. Neste ano teño presentadas 43 mocións e só cinco foron a pleno. Houbo temas importantes que presentei por urxencia que non foron admitidos». Esta situación lévao a concluír: «Este é un goberno que de democrático ten pouco. Néganme información tan básica que calquera concelleiro debe ter como é unha copia dos orzamentos municipais que están en vigor. E o que me queda é plantexar rogos e preguntas nos plenos aos que non contestan».