La Voz de Galicia

Soledad Agra seguirá á fronte do consello comarcal do BNG

Muros

BNG Muros-Noia

O renovado órgano tamén dá paso á nova militancia

23 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O BNG das comarcas de Muros e Noia celebrou a renovación dos órganos de responsabilidade, no que foi reelixida por unanimidade como responsable a deputada provincial e concelleira no goberno de Outes Soledad Agra Tuñas. A representante levaba dende o 2022 ocupando o cargo. A vicerresponsable é Laura Eiras, concelleira de Muros. Ambas pasarán a formar parte do consello nacional do BNG.

O renovado consello comarcal está formado polos voceiros en Noia, Ricardo Suárez, e Lousame, Anxo Moledo, así como por a alcaldesa de Muros, María Lago. Ademais dos responsables locais de cada un dos municipios e de nova militancia que nunca formara parte antes deste órgano.

A este respecto, Soledad Agra manifestou: «Dámoslle paso á nova militancia para fortalecer o noso proxecto, porque o BNG é unha organización política que toma decisións asambleariamente». Recalcou a responsable que «no BNG caben todas as persoas que queiran o mellor para Galiza, a súa cultura, lingua e territorio».


Comentar