O Liceo de Noia convoca unha nova edición do seu concurso de relatos
Noia

O certame está dotado cun premio único de 1.000 euros
10 Feb 2025. Actualizado a las 14:00 h.
Co fin de promover a creación literaria en lingua galega, o Liceo de Noia lanzou unha nova edición, a número 19, do se concurso de relatos, que está dotado cun premio único de 1.000 euros.
As persoas que desexen concorrer poderán elixir o tema con liberdade, tendo en conta que deberán axustarse a unha extensión mínima de tres folios e máxima de seis. O prazo para remitir os traballos á sede do Liceo noiés, situada na alameda da localidade, concluirá o 1 de abril.
O Liceo de Noia dará a coñecer o fallo do xurado, que estará integrado por persoas vinculadas ao eido da literatura galega, o 17 de maio, coincidindo cos actos que promoverá para festexar o Día das Letras Galegas. A obra que resulte gañadora será publicada na revista Alameda.