La Voz de Galicia

Cinco mil persoas impulsan a marea

Ribeira

m. x. blanco
<span lang="gl">Concorrido Maratasón</span>. Os dorneiros tiveron onte ocasión de descansar, pois non houbo actividade ata as sete da tarde. Foi entón cando as peñas participantes no Maratasón se congregaron no Malecón para iniciar o percorrido polos bares e ir superando diferentes probas.

Un total de 84 peñas están inscritas no rexistro creado pola Real e Ilustre

23 Jul 2015. Actualizado a las 17:19 h.

É incontable o número de persoas que forman parte da gran marea que desde o pasado venres asolaga a cidade de Ribeira e que, se as previsións non fallan, chegará ao seu punto álxido mañá, cando no Malecón soe o forsa a Dorna vento en popa con jalerna ou en calmada que non se sabe no mundo dunha festa máis rachada. Pero si que se pode facer unha aproximación, senón á totalidade, si ao núcleo central, ao número de veciños que están integrados nas peñas que lle dan vida e cor, pois eles son os artífices das actividades que fan da Dorna a festa máis singular de Galicia. Son cinco mil as persoas que impulsan esa gran marea e fan tremer aos seus pés o pavimento de Santa Uxía.

Para facer este cálculo chega con botar man do rexistro que elaborou este ano a Real e Ilustre Cofradía. Foron 84 os grupos que se inscribiron nesta lista, a primeira destas características que se elabora e que permite saber quen está detrás desta 67 singradura. Na relación figuran, como non podía ser de outro xeito, as peñas históricas, ás que lle tocou mover ficha a finais da década dos oitenta para darlle un xiro á festa e convertela no divertido cóctel de actividades que hoxe en día. Cajaboi Island, Kirieleison, Petóns ou Parrochiñas da Ría aínda seguen a dar o callo na actualidade, poñéndolle cor á gran marea dorneira.

Pero estas non son, nin moito menos, as peñas máis numerosas. A Dorna foi quen de ir atrapando nas súas redes ás distintas xeracións, que lle deron forma a diferentes grupos, algúns deles dos que baten récord. É o caso de Que Polbaso Tes, colectivo que con 300 integrantes lidera sen lugar a dúbidas o ránking dorneiro. Séguenlle de preto os 350 membros dos Pintos Joden Quintos e os 300 de Estou que Eskacho. A relación segue con O Centolo Máis Tolo e Ratos da Illa, con 180 peñeiros; Os Bojavantes Maleantes, con 160; e coas Luras Andas Duras e Berberechos Asasinos, que aglutinan a 150 amantes da festa. Muxo Beit, con 140; Rapantes, con 125; e Parrochas Papudas, con 120, sitúanse tamén nos primeiros postos deste ránking; seguidos das Pirañas Van de Cañas, das Aljas nas Naljas, de Arría o Jallo e dos Tabeiróns Caralludos, que teñen un cento de seguidores.

Os que menos

Mención especial merecen tamén aquelas peñas que, con poucos integrantes, achegan o seu grao de area para darlle cor a cada singradura. É o caso de Me Aplaude la Almejita, Vinjos da Tomasa e Juiston de Batea, que conta só con dous membros; de As Navallas Mata-Rayas, que teñen catro; ou de As Miñocas Locas, Indiana Mexi Jones e Persebes Epiléticos, con cinco.

Pero ránking a un lado, son moitas máis as persoas que, ataviadas cunha camiseta dunha cor chamativa gozan estes días da Dorna, unha festa que apura as últimas xornadas, antes da arriada final das pañoletas.


Comentar