Xil Castreje leva catro anos en Estados Unidos, dando clases de español a 16 colexios por videoconferencia.
30 Oct 2009. Actualizado a las 12:54 h.
Nebraska está case, case, no centro de Estados Unidos. Dakota del Sur polo norte, Kansas polo sur, Wyoming e Colorado polo oeste e Iowa e unha pequena parte de Missouri, polo leste. O mar queda moi lonxe. Con 200.000 quilómetros cadrados de superficie (algo menos que a metade de España) e 1,7 millóns de habitantes (algo máis que a metade de Galicia).
Aló, tan lonxe, hai un fisterrán. Xil Castreje López, 33 anos, empezando o quinto consecutivo en Estados Unidos, profesor de español asentado en Beatrice, unha pequena localidade (13.000 habitantes) do sureste del Estado, en el condado de Gage, uno de los 93 de Nebraska.
Castreje da clases de español por videoconferencia para 16 escolas no que se denomina unha Unidade de Servizos Educativos, entes con moita autonomía, dependentes do Estado), dende o xardín de infancia ata sexto curso. El, xunto con dous compañeiros, ten 2.600 alumnos. Dan as clases por grupos, 25 minutos a cada un, de luns a xoves e o venres para recuperar.
Xil chegou ata alí no 2005, por azar, grazas ás becas que concede cada ano o Goberno Español. Había 18 posibles, e el logrou unha. Licenciado en Humanidades e diplomado en inglés, primeiro empezou como axudante de conversa, gustoulle e presentouse a profesor visitante, plaza que logrou e na que vai cara o cuarto ano. Déronlle o visado por tres anos e renovouno recentemente.
Esta unidade educativa é a única de Estados Unidos na que se dan as clases con tres