Leva 12 títulos publicados e pronto rematará outros dous, que xa ten case listos.
-En 1982 foi finalista do Planeta con «Portoceo».
-Chamoume José Manuel Lara e díxome que me terían dado o premio se non me precipitara co final. É certo, precipiteime. Desde entón dediqueime a escribir.
-Esa obra facía referencia á súa vila, Ponteceso.
-Cando se publicou houbo un maremágnum en Ponteceso. Ía sobre os alcaldes do franquismo que logo dunha pequena reciclaxe seguiron como alcaldes. O pobo dividiuse, uns a favor meu e outros, dos caciques que sempre patronearon a política local.
-¿Como chegou a Cataluña?
-Estiven nos Maristas, en A Coruña, dos 10 aos 16 anos. Naqueles tempos, coa propaganda franquista, un romántico coma min quería dar a vida pola patria e quixen ser militar. Tiña un parente en Xirona e no 57 fun para alá a unha academia de preparación militar.
-¿Entrou no Exército?
-Aos dous anos dinme conta de que non tiña vocación. Ademais, empecei a ver como fóra realmente a nosa historia. Paseime totalmente ao outro bando.
-Pero quedou en Cataluña.
-Saíron unhas oposición a Tabacalera e pasei toda a vida traballando alí. Fun delegado de zona para Cataluña e Baleares ata que me xubilei, fai tres anos.
-E desde entón dedícase intensamente á literatura.
-Nos últimos anos o traballo impediumo. Agora, vou a por todas, pero tómoo con calma. Para escribir unha novela antes tes que ter vivido, sen experiencia é imposible. Por iso non teño presa.
-Pese a distancia, non perdeu o vínculo coa terra.
-Veraneo en Ponteceso e paso dous ou tres meses ao ano en Galicia.