La Voz de Galicia

«Son novo na política pero vou a por todas»

Carballo

Toni Longueira carballo / la voz candidato do PP en cerceda

Entre as prioridades destacan «o trato igualitario cos veciños e a transparencia na xestión»

13 Apr 2011. Actualizado a las 06:00 h.

Enxeñeiro técnico industrial de profesión, presidente do Queixas de fútbol e vinculado a colectivos sociais e culturais da súa parroquia cercedense dende fai moito tempo, Francisco Santos Regueiro acaba de iniciar, aos 47 anos, o salto á política da man do PP, substituíndo a Manuel Becerra como candidato a alcaldía de Cerceda.

-¿Colle vostede unha pataca quente?

-¿Por que o di?

-Primeiro pola forma na que se confirmou o seu nomeamento. Segundo, porque Cerceda é un feudo claramente socialista, polo menos a priori.

-A miña lista avalouna a dirección do PP, e o que lle dixen a executiva é que antes de entrar deixaran saír. Se non fose así non sería candidato, iso seguro. Con respecto a que Cerceda e unha praza complicada para o PP, pode ser, pero se estou aquí é porque creo que hai opcións reais de alcanzar a alcaldía. Este equipo de goberno ten moi dividida a cidadanía e nós temos que saber aglutinar ese voto descontento coa forma de actuar do goberno local.

-Nove concelleiros do PSOE e un do PP. ¿Como se pode reverter a situación?

-Vostede esquécese que o PP ten un caldo de cultivo importante en Cerceda. Nas últimas catro eleccións municipais o PP obtivo 5, 4, 2 e 1 representantes. Existe unha tendencia claramente á baixa, pero, ¿quen di que non volverá a remontar? E aí é onde entramos nós. Queremos multiplicar os nosos apoios, non vale con sumar. Temos que ser capaces de facelo e, ao mellor, o 22 de maio hai sorpresas. Serei novo na política pero vou a por todas, non o dubide.

-¿Cal é a súa aposta de traballo?

-Teño dúas premisas básicas: o trato igualitario cos veciños e a transparencia na xestión. Falta sensibilidade do alcalde e do seu executivo coa cidadanía. Non pode ser que se esqueza á xente nos proxectos claves do municipio. Hai que respectala porque os políticos traballamos para darlle unha mellor calidade de vida, e creo que García Liñares non está á altura das circunstancias. Eu garántolle a todo o mundo, sexa de esquerdas ou de dereitas, que o PP traballará para darlle o mellor aos cercedenses.

-Polo que vexo, bota de menos o diálogo.

-É evidente que o rexedor non foi capaz de delegar temas importantes non seus compañeiros. Todo pasa polas súas mans, e iso é malo porque dilúese a democracia.

En casos extremos, a favor

En contra

A favor

En contra, polo tema das adopcións

Tal é como está, a favor

A favor, pero con máis seguridade

A favor, a partir dos 21 anos

Totalmente en contra

A favor

Primeiro haille que garantir o traballo aos de aquí.

Un bistec con patacas fritas

Ostras

Ribeiro

Refresco de limón

As cigalas

O lenguado

Un Mercedes clase C 200

Si

O Queixas e o Dépor

O fútbol e xogar unha boa partidiña de tute

Cervantes

O Quixote

Gladiator

Calquer arquitecto da etapa renacentista

Robert Redford

Demi Moore

Shakira

A de discoteca dos anos 80

O mentalista

Centroeuropa, sen dúbida


Comentar