La Voz de Galicia

«A miña ilusión é devolverlle aos maiores o que me deron»

Carballo

Manuel Rey carballo / la voz

O artista ourensán ofrece esta tarde na Praza do Concello o espectáculo infantil «A nena e o grilo nun barquiño»

24 Jul 2014. Actualizado a las 07:00 h.

Mañá é festivo en Galicia, polo que a actuación semanal do Verán Cultural de Carballo adiántase para esta tarde. O artista Magín Blanco chega hoxe ás 21.30 horas á Praza do Concello co seu espectáculo A nena e o grilo nun barquiño. Unha obra que mestura música e artes escénicas, na que os protagonistas «continuarán descubrindo o mundo e os seus segredos, tamén o seu propio mundo interior», segundo Blanco, que onte non dubidou en enfrontarse ao noso Terceiro Grado.

-¿Por que actividade humanitaria destacou Manuel Tajes Sánchez?

-Por coidar peixes.

-¿Verbena ou foliada?

-Unha foliada, sen dúbida.

-¿Cal foi o primeiro faro electrificado de España?

-A Torre de Hércules

-¿Cando foi a última vez que puxo unha tixola ao lume?

-Ao lume hai tempo, na vitrocerámica foi antonte.

-¿Cal é o produto máis famoso do verxel de Bergantiños?

-A pataca.

-¿Un defecto?

-A indiscreción.

-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?

-Fisterra.

-¿Que templo podería ter o tellado de ouro se quixera?

-¿A catedral de Santiago?

-¿Que libro está lendo agora?

-O último que lin foi unha escolma de poesía surrealista portuguesa.

-¿Que dous lugares do Concello de Zas teñen nome de hortaliza?

-Baio e Vimianzo.

-¿Un soño por cumprir?

-Eu agora vivo cos meus pais. E a miña ilusión é a de devolver á xente maior o que me deu cando eu era pequeno.

-¿Onde morreu Fernando Blanco de Lema?

-No País Valenciá..

-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?

-¿103? ¿112?

-¿Praia téxtil ou nudista?

-Eu prefiro praias téxtiles.

-¿Quen foi Evaristo Martelo?

-Foi un dos fundadores de Estrella Galicia.

-¿Churrascada ou sardiñada?

-Calquera das dúas.

-¿Que traxedia acabou con Man, o alemán de Camelle?

-Por tristeza.

-¿Mar ou río?

-Gústanme os dous, pero son de interior. Pareceríame un pouco descortés dicir que me gusta máis o mar.

-¿Cómo se chama o bar de Carballo situado no edificio onde naceu Alfredo Brañas?

-¿O Dublín?

-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?

-Non coñezo a ninguén en Fisterra, así que escollo Muxía.

verano sin tregua


Comentar