«Na obrigatoriedade dos contratos fomos demasiado lonxe»
Carballo
O representante da industria considera que o reto é vender o leite fóra de España
14 Oct 2014. Actualizado a las 05:00 h.
Estamos a menos de 6 meses de desaparición das cotas lácteas, despois de 28 anos de aplicación. Desde a Unión Europea estanse artellando medidas para un aterraxe suave, para que non haxa moita convulsión. Para iso elaboraron o paquete lácteo. Onte participou no programa Voces do Agro de Radio Voz Bergantiños Pedro Ramos, que é un experto na produción de leite que dedicou practicamente toda a súa vida profesional ao sector. Primeiro traballou en Larsa, despois en Leche Celta e participando consello de administración da compañía. Actualmente é o coordinador asesor da asociación de empresas lácteas de Galicia. Tamén é membro da entidade Terra e Leite.
-Leva toda o a vida relacionado co mundo do leite.
-O día que eu nacín, alá polo ano 52, meu pai estaba intentando cambiar unha recolledora de leite que tiña Nestlé para que pasara a entregarlle o leite a Larsa.
-¿En que consiste o paquete lácteo?
-Son unha serie de medidas que se estableceron a nivel europeo para internar protexermos da liberalización de cotas que temos á volta da esquina. Hai unha serie de normas e un tema fundamental que é o do contrato, que ten o obxectivo de evitar o exceso de volatilidade que se prevé no sector, que xa estamos a vivir, pero que se vai facer máis complicada a partir del 2015. Dese tema estamos continuamente falando, con esperanza, é certo, nesta nova vía que se abre, pero tamén con preocupación porque vemos o que está a suceder noutros países.
-Levamos dous anos desde que se estableceu o contrato obrigatorio. ¿Como funciona? ¿Hai aspectos a corrixir?
-Sen dúbida. Desde o noso punto de vista non parece moi lóxico que a parte máis débil do sector, os gandeiros e a industria, teñan que firmar un contrato sen que haxa ningún tipo de compromiso por parte do resto da cadea. É moi difícil que isto funcione, que chegue a corrixir ese problema que temos. Poden ter moi boa vontade os gandeiros e a industria de chegar a un acordo, pero depende da distribución. Poñemos o exemplo de Francia, pero é que alí un gandeiro non ten a obriga de firmar un contrato para vender o leite. Ten que presentalo a industria e o gandeiro decide despois se lle convén ou non e non ten ningunha dificultade para seguir vendendo o leite. Nese caso si que funcionaría a figura dun mediador. Hai un número importantísimo de primeiros compradores que non declaran contratos, cando é obrigatorio para todo o mundo. Hai un número de gandeiros que oscila, dependendo dos meses entre o 10 e o 18 % que tampouco teñen contratos.
-¿A industria ten dificultades para cumprir os contratos?
-Si, hai que poñerse na situación dun director dunha empresa que compra un millón de litros de leite e que ten a obriga de firman un contrato por esta cantidade e sen ningunha garantía de que vaia poder vender ese leite, cando todos sabemos que é un produto perecedoiro. Isto leva a situacións tan irracionais como que os principais compradores de leite tanto en España como en Galicia son xente que non transforma, que revenden. Na obrigatoriedade dos contratos fomos demasiado lonxe.
-Os gandeiros sempre se queixan de prezos baixos, que non se poden negociar colectivamente.
-Na asociación de empresa lácteas de Galicia nunca se fala de prezos do leite. É certo que hai asociacións de produtores que levan case dous anos constituídas, pero a verdade é que non se ve que haxa unha actividade importante á hora de negociar. Non sei cal é o motivo para que iso non poida avanzar. Sen dúbida, as dificultades a nivel industrial e gandeiro son importantes, pero non se van solucionar con contratos a longo prazo que dean seguridade, porque á hora da venda non a hai.
-¿Como se pode meter no pacto á distribución?
-Creo que só hai un país ou dous que teñen á distribución metidas nas súas interprofesionais. A nosa, a Inlac, ten que ser o camiño, non sei de que maneira legal, para que toda a cadea láctea estea metida nesta situación porque non se dan conta do risco que corremos como non se lle meta man a isto.
-¿Os prezos en Galicia son os máis baixos de España?
-Isos son outros dos datos que deberiamos ter na interprofesional. Que sexan fiables e válidos para todo o mundo. En toda España os gandeiros teñen unha prima por produción. En Galicia a nosa cota media é máis baixa ca da maioría do resto das comunidades.
-¿Cales son os retos?
-Temos que ser capaces de vender lonxe o noso leite e para iso é necesaria investimento. Ademais, temos que ter unha interprofesional forte.