La Voz de Galicia

Os actos da xornada de hoxe

Carballo

17 May 2016. Actualizado a las 05:00 h.

 

11.00. A terceira edición do premio de poesía infantil Eduardo Pondal xunta na Fundación aos pequenos autores con dúas coñecidas e recoñecidas autoras, a cormelá Diana Varela Puñal e a ceense Concha Blanco. Os alumnos de sexto do colexio Labarta Pose, de Baio, pecharán o acto poñendo en escena a obra teatral As aventuras de Berenguela e Balbino.

 

13.00. O cantautor Tino Baz poñerá a música á sesión vermú na Taberna Agra de Mares.

 

17.00. Os rapaces das aulas de teatro municipais de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe participarán na primeira edición do certame de teatro infantil Xosé Neira Vilas, que se celebrará na Casa dos Veciños. Entre o público estarán o presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez. Completará a sesión o ilustrador Xosé Vizoso impartindo un obradoiro de caricaturas.

 

20.00. A xornada rematará cunha divertida sesión de contos a cargo de Quico Cadaval que leva por título Como quen din... A entrada será cun donativo de 3 euros.


Comentar