Obra entretida e simpática, pero pobre
Carballo
«Humor intelixente por veces, e por outras excesivamente sinxelo. Semellaba un conta contos a tres bandas e unha soa historia. Non me encheu moito »
23 Oct 2017. Actualizado a las 05:00 h.
Curiosamente hai un mes fun a unhas charlas de ciencia en Bilbao e aproveitei para ver o Guggenheim (súper recomendado). Nunha sala había uns cantos cadros e chamoume a atención un deles, de máis de dous metros de longo e un oitenta de alto: completamente pintado de negro, agás o curruncho inferior esquerdo, que tiña unha mancha branca, ou simplemente non había pintura [podédelo buscar por Iberia, 1958 ? Robert Motherwell; Galería 304]. Fíxome pensar: ¿É isto arte? Logo seguín a explicación e aparecía unha xustificación, precisamente relacionado co contido político da España da posguerra. Mira ti, dito así... ¡Había unha intención! Pasárame xa antes, moito antes, cando descubrín a Miró na miña primeira viaxe a Barcelona. E máis tarde con Mondrian, e con Pollock (tamén estaba no museo bilbaíno).
Nos meus primeiros anos de profesor, o gran director do centro, Don Constantino, propúxonos a algúns profesores debates amigables sobre temas diversos. Coido que un dos primeiros, artellado polo profesor de debuxo, Alfonso Galván, foi a discusión sobre o significado da Arte. E alí foi cando descubrín que o asunto de definir o que é arte, non era tan doado como eu cría.
Así que cando vin o tema da obra de teatro de hoxe, no FIOT, alegreime de recuperar esa teima da eterna discusión sobre a Arte. Se por enriba diso, era dirixida por un dos mellores directores do momento, Miguel del Arco, había razóns máis que sobradas, para estar contento. Para supoñer unha boa obra.
Tres amigos. Un deles merca un cadro que non é outra cousa que unha tea completamente branca. Pagou trinta e mil euros por el. Aquí comeza a historia. Pois a un dos amigos do comprador parécelle unha estafa, di que non vale nada e rise do comprador. Enfádanse. O terceiro amigo quere contentar ós outros dous.
Principalmente a peza é unha profunda reflexión sobre o concepto de beleza, de arte, pero ó mesmo tempo, remexer sobre a amizade. A discusión sobre os conceptos de arte é un tema vello e recorrente; ¿quen non ten falado e mesmo discutido pola mesma razón? Debate. Discusión. Palabras. Epítetos: obxectivamente, subxectivamente. Gusta, non gusta. Deconstrución. Palabras...
Un triángulo de opinións no que sitúa en cada vértice, a opinión de cada amigo, ó tempo que nos descobre a personalidade de cada un deles. O importante é ter razón, e voume enfadar con quen non ma dea. Falamos do problema da interpretación, dos significados.
Resulta admirable cantos temas se poden sacar dunha simple conversa. Ou non tan simple. Falemos algo: iso é branco, iso é negro, iso é gris. O gris tenta quedar ben co branco e co negro. Na vida real o personaxe-gris resulta ser unha marabilla. Gran traballo por parte do actor que lle dá vida.
Humor intelixente por veces, e por outras excesivamente sinxelo. Semellaba un conta contos a tres bandas e unha historia.
Facendo unha valoración xeral, teño que dicir pola miña parte que se ben me rin nalgún momento, e con ganas, a obra en conxunto pareceume algo pobre, ou máis ben escasa, curta e pouco ambiciosa. Non sei, escollede vós. Non podo dicir que (como o cadro) non valera nada. Foi unha obra entretida e simpática. Mais... non me encheu de todo. Pero era teatro e paseino ben. ¿Vós non?
Últimos días para comerse el FIOT a bocados en los locales de Carballo
Junto con el programa teatral se terminará también el próximo sábado la iniciativa Dálle un bocado ao FIOT, en la que participaron un total de nueve locales de hostelería - A Barra Bar, Valle Inclán, Colón, Ánfora, Ágora, A Cabaña, O Mexillón, Tomasa y la cafetería del Pazo-, cada uno con su particular propuesta culinaria. Aún podrán degustarse los próximos viernes 27 y sábado 28, al término de cada función teatral. El precio es de dos euros por tapa, mientras que los desayunos (completos) se cobran a 3.