La Voz de Galicia

Máis de 250 webseries inscritas no festival Carballo Interplay

Carballo

Edición 2017. Creadores de las webseries reproducidas.Edición 2017. Creadores de las webseries reproducidas.

Aínda queda tempo para presentar as candidaturas para a asección de webseries en galego, posto que o prazo remata o próximo 18 de marzo

20 Feb 2018. Actualizado a las 05:00 h.

Do 4 ao 7 de abril • Prazo para webseries en galego: ata o 18 de marzo • Apenas dous días despois de pecharse o prazo de inscrición para participar no quinto festival Carballo Interplay xa se coñece o número de webseries que competirán: serán 256 proxectos, que foron recibidos dende todos os continentes.

Para aqueles que non puideran anotarse nesta convocatoria, aínda teñen a oportunidade de presentarse na categoría de webseries en galego, cuxo prazo de inscrición finaliza o próximo 18 de marzo. Non existen limitacións en canto a temática, xénero ou estilo, explican dende a organización, que unicamente impón a utilización do galego como requisito.

Deberá tratarse, asimesmo, dunha creación audiovisual pensada para ser publicada e difundida a través de internet e mediante capítulos ou episodios (deberá ter un mínimo de tres). O galardón, que ten unha dotación económica de 1.500 euros, resolverase en directo durante o festival e a serie resultante proxectarase na sexta edición, na que se desenvolverá no próximo ano.

Neste 2018, a imaxe do Carballo Interplay -que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril- homenaxeará ás mulleres pioneiras da tecnoloxía e do audiovisual como Hedy Lamarr, inventora; Ada Lovelace, matemática; Alice Guy, precursora dos efectos especiais ou Ruiz Robles, inventora do libro electrónico.

Ademais, a quinta edición desta cita trae consigo dúas novidades relevantes. Unha delas será o Campamento Kamikaze (2, 3 e 4 de abril), no que estudantes ou profesionais do audiovisual se centrarán en idear, gravar e posproducir unha serie, que será despois reproducida no transcurso do festival. Os interesados abonarán unha cota de 150 euros (inclúe aloxamento e pensión completa) e anotarse na web do festival. Como tamén o terán que facer aqueles que desexen participar nun mercado profesional no que creadores e creadoras poderán entrar en contacto coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación a nivel estatal que están apostando polos contidos dixitais.


Comentar