Caída libre
Carballo
06 Mar 2018. Actualizado a las 05:00 h.
N«Queremos darlle visibilidade a isto, a que non comunicar xera illamento»
on teño probas para asegurar se, como di Nacho Carretero, autor do libro Fariña, que a relación entre a política galega e o narcotráfico foi demasiado estreita, pero a nivel de petit comité somos moitos os que coñecemos que, con ou sen ostentación, fulano ou mengano levan un ritmo de vida discordante coas actividades que practican. En resumo, todos os que vivimos a carón da ría arousá ou na Costa da Morte soubemos e sabemos quen se dedicou e quen se dedica á droga, pero, en todo caso, debemos agradecerlle ao xornalista-escritor a súa ousadía e valentía que, incluso, pode ter consecuencias non desexadas.
Agora ben, independentemente da eficacia na loita contra esta perversa lacra por parte da policía e pola carencia das leis severas, deberiamos reflexionar sobre as nosas actitudes individuais con relación aos narcotraficantes. ¿Por que imos aos seus talleres, por que mercamos nas súas tendas, por que entramos nos seus establecementos ou nas súas discotecas, por que non rexeitamos os seus patrocinios? ¿Por que, en definitiva, non os sometemos a unha marxinación absoluta?
No que se coñece como o Desastre de 1898, que se considera como o comezo do gran declive español -que debería ensinarse nas escolas- escribía Joan Maragall Gorina: «Aquí hai algo vivo, gobernado por algo morto, porque o morto pesa máis que o vivo e vaino arrastrando na súa caída á tumba. E sendo esta a España actual, ¿quen pode ser españolista desta España: os vivos ou os mortos?». Semella que se daquela este país entraba en declive, agora está en fase de caída libre.